
As dúas cidades galegas máis importantes encóntranse inmersas, neste momento de crise, no proceso de renovación do que significa a porta da cidade para moita xente que acode a elas, as estacións de tren ou intermodais [no caso coruñés]. A chegada da alta velocidade precipita estes cambios, cambios que se aproveitan para converter as antigas estacións en verdadeiros centros de ocio e comercio no corazón das urbes, un bo negocio para sufragar os gastos. Empecemos entón a exposición de como están as cousas en Vigo e A Coruña.
Vigo_Proxecto de Thom Mayne [Morphosis]
A nova estación de Vigo será unha das obras referencia do prestixioso arquitecto estadounidense co-fundador do estudio Morphosis e premio Pritzker, Thom Mayne. Trátase dun proxecto ambicioso orzado en 181 millóns de €, cantidade nada despreciable, financiada mediante unha fórmula mixta público-privada, na que se lle dará a concesión de explotación durante 50 anos a unha empresa.

O autor intenta sacarlle proveito ás espectaculares vistas e á diferencia de cota entre o nivel das vías e a rúa, proxectando unha gran praza de 26.000m2 á altura desta última e sobre o propio edificio, sendo a propia praza o teito da intervención. Desta forma a obra amplía o espacio público da cidade, e insértase no tecido urbán con naturalidade e sen apenas impacto visual para un proxecto de semellantes dimensións.

Mayne insiste en que non só se trata de facer un edificio, se non de construír unha paisaxe, un elemento máis da topografía do terreo, converténdose a fachada lonxitudinal nun verdadeiro cantil.

Unha fenda transversal á planta xeral do edificio, cuberta cunha estrutura de aceiro e cristal, introduce luz ata os niveis inferiores da estación, as propias plataformas, máis baixas na remodelación, reciben luz natural. Esta grieta divídese en sucesivos atrios e ó chegar a fachada, un gran ventanal revela as sorprendentes vistas á ría. Un complexo sistema comunicacións de ramplas e escaleiras relaciona os diferentes niveis dispostas de maneira aparentemente caótica.

-

-

-

-

A Coruña_Concurso internacional de ideas
Neste caso, a diferencia de Vigo, recórrese a unha fórmula moi acertada, a organización dun concurso de ideas para a realización do proxecto básico e construtivo no que participan 40 estudios de profesionais. De entre todas as propostas, foron elixidas 7 finalistas, que son as realizadas polas seguintes firmas:
-César Portela, o único galego deste grupo, é autor entre outros, do novo auditorio de Vigo e o cemiterio de Fisterra.
-Rafael Moneo, posiblemente o arquitecto español máis prestixioso do momento. A Kursaal de San Sebastián e a Catedral de Los Angeles son obras del.
-Juan Herreros e Rubio&Alvarez-Sala, asociación de dous estudios españois para este concurso.
-Cruz&Ortiz, importante estudio con oficina en Sevilla e Amsterdam.
-Richard Rogers, máis coñecido en España dende a realización da terminal T4 de Barajas.
-Toyo Ito, arquitecto xaponés que ten na mediateca de Sendai a súa obra máis importante.
-MVRDV, polémico e vangardista estudio holandés que xa ten participado noutros concursos da cidade.
A idea é a introdución do concepto de estación intermodal que aglutine diversos medios de transporte e a súa vez sexa tamén un centro comercial e de ocio. A obra está pensada para realizarse en dúas fases. Na primeira levaranse a cabo as obras do aparcamento subterráneo, o edificio ferroviario, a estación de autobuses e un vial de comunicación transversal. Na segunda o centro comercial, un hotel e un centro de oficinas. A inversión total, semellante á de Vigo, é considerable, cerca dos 200 millóns de €.
Pasemos finalmente a mostrar as maquetas dos 7 finalistas, carentes polo momento de autoría para nós, e que se poden visitar polas tardes na Delegación do Goberno [Luns-Venres de 16:00-19:00h], a ver que vos parecen, ¿cal é a vosa favorita?:
“Abril”

“Alta costura urbana”

“Paraguas de luz”

“Sardiñeira”

“Rompeolas”

“Y A Coruña se divierte”

“Conexiones”

Como podemos apreciar nunha mirada rápida, hai certas cuestións que se repiten, como por exemplo o feito de conservar a fachada antiga da estación por parte de tódalas propostas, ou por outro lado o que parecen ser interpretacións das típicas galerías coruñesas [uso do vidrio en fachada e cuberta en varios proxectos].
Parece ser que sobre o 12 ou 13 de Maio saberase por fin a proposta gañadora, ¿cal será?
[fotos de Oscar Paris]
| < Prev | Próximo > |
|---|


Me gustaría dejar por aquí una referencia a uno de los proyectos de viviendas de Siza que más me gustan y que me descubrieron Iñaki y Cristina hará como seis meses.Ahora que he vuelto de un viaje por Portugal vengo[…]
El arquitecto chino Wang Shu, de 48 años, ha sido galardonado este lunes con el premio Pritzker, considerado el Nobel de la Arquitectura, por una obra artesanal, respetuosa con el medio ambiente y de gran profundidad filosófica, en la que[…]