Blog Arquitectura

La Opinión Coruña
Home Xeral Presencia galega e sementes de cambio na XI BEAU

Presencia galega e sementes de cambio na XI BEAU

Fai uns días fíxose público o fallo do xurado da XI Bienal de Arquitectura e Urbanismo Española. Nace en 1990, como iniciativa de múltiples organismos, entre eles O Ministerio de Fomento, o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España e as Universidades de Alcalá e Menéndez Pelayo, para recoñecer aquelas actuacións arquitectónicas de maior interese do panorama arquitectónico español. Dende entón ven celebrándose cada dous anos concedendo os seguintes premios: Premio de Arquitectura da Bienal, Premio de Urbanismo da Bienal, Premio Proxecto Xoven e Premio V.P.O., ademais este ano engadiuse un novo, o Premio de Investigación. Os resultados de cada edición preséntanse en Verán, en Comillas [Cantabria] e en Inverno, en Alcalá de Henares [Madrid]. A maiores, realízase unha exposición itinerante por toda España para mostrar ás obras máis destacadas de cada edición.

 Nesta ocasión, ademais dos premiados e finalistas [especialmente os galegos] convén destacar certas reflexións interesantes e de actualidade que realiza a comisión técnica do xurado. Fala da situación no contexto económico e social que afecta directamente á arquitectura, e como de algunha maneira isto inflúe na importante presencia de proxectos realizados fora dos puntos máis mediáticos. Arquitecturas de pequena escala moitas delas e, como consecuencia lóxica, de pequena inversión.
Destacan tamén o feito de que nesta edición fíxoselle sitio a aqueles proxectos non materiais, pero que tamén son arquitectura, encaixados na categoría de “no conformidad”. Trátase de iniciativas “basadas en planteamentos de carácter estratéxico, prospectivo ou participativo”.
Así, reclaman a súa vez unha catalogación alternativa dos proxectos de arquitectura actuais, unha catalogación non tipolóxica, xa que cada vez o campo de actuación é maior, diferente ás prácticas tradicionais que teñen como fin último a materialización.

Por último, plantexan unha revisión das bases da convocatoria para adaptalas a esta situación, fundamentalmente abordando as seguintes cuestións:
_Posibilidade de recoñecer a un conxunto de proxectos como gañadores, sen a necesidade de escoller a un por diante do resto.
_Facilitar un periodo de tempo maior para coñecer e analizar os proxectos por parte do xurado.
_Modificación das categorías se o xurado correspondente o considera necesario en función da diversidade das candidaturas. Valoran positivamente a inclusión do Premio de Investigación e cuestionan o de Proxecto Xoven.
_O xurado debería estar composto unicamente por un comité técnico.

Unha vez deixamos clara a postura do xurado e os cambios propostos para seguintes edicións, vamos a falar dos verdadeiros protagonistas, os premiados.  Antes de nada, resaltar a calidade xeral dos proxectos presentados, feito que se demostra ó comprobar que o xurado plantexouse dar un premio conxunto como propoñen para seguintes edicións, pero que non se puido levar a cabo para ser fieis ás bases.

 

Remodelación do porto de Malpica.

A presencia de premiados e finalistas galegos non é abrumadora pero sí importante. Concederon dúas mencións para arquitectos galegos, unha na categoría de Arquitectura, para Carlos Quintáns pola casa en Paderne do Courel, e outra en Urbanismo, para Creus+Carrasco pola remodelación do porto de Malpica. Ademais, o conxunto residencial en Caramoniña de López Cotelo, tamén levou unha mención en Arquitectura. Cabe destacar a iniciativa “A Cidade dos Barrios”, da delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que foi unha das 40 candidatas finalistas [de 734 presentadas !!], e que entrou como unha destas novas categorías de “no conformidad”.

 

Conxunto residencial en Caramoniña.

Casa en Paderne do Courel. Foto Angel Batalláns.

Noraboa a todos, os premiados e finalistas, e nesta ocasión tamén o xurado, pola reflexión e propostas que denotan gran interese porque os premios sigan o ritmo dos tempos.

 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar



Artículos Edificando.es


Forma parte do blog arquitectura de moda inscribindo o teu blog no directorio de blogs de arquitectura


- directorio arquitectura - ofertas lidl - ofertas carrefour - ofertas alcampo - consultoria informatica ourense - blog arquitectura - ofertas supermercado - animación infantil galicia - Condiciones de Uso www.edificando.es