
Foto: Ensamble Estudio , Angel Baltanás, Artur Lagoa
Mies van der Rohe foi un magnífico arquitecto que lle da nome a un premio europeo de gran prestixio, o premio oficial da Unión Europea, gañado en anteriores edicións por Rafael Moneo, Zaha Hadid, Rem Koolhaas, Mansilla+Tuñón e Snohetta, case nada. Entre os nominados deste ano 2011 encontramos tres obras realizadas en Galicia, dous delas feitas por arquitectos galegos, Carlos Quintáns e Irisarri+Piñera, e a outra por Ensamble Estudio de Antón García Abril. Profesionais que comparten candidatura con outros grandísimos arquitectos como Campo Baeza, Carlos Ferrater ou Patxi Mangado.
LA TRUFA_ENSAMBLE ESTUDIO
autor_Ensamble Estudio
situación_Costa da Morte
ano_2006-2010
Unha obra entre o natural e o artificio, un obxeto que semella nacer da mesma terra, un experimento material e espacial, un refuxio atemporal, un proceso tan interesante como o resultado final.

Foto: Ensamble Estudio





CASA EN PADERNE DO COUREL_CARLOS QUINTÁNS
autor_Carlos Quintáns
situación_Paderne do Courel. Lugo
ano_2010
Nun entorno absolutamente rural, rodeado de natureza e tradición, unha casa contemporánea aparece sen levantala voz. Unha mímesis coa arquitectura que lle rodea en clave actual.



SEDE DO COAG EN VIGO_IRISARRI+PIÑERA
autor_Irisarri+Piñera
situación_Vigo
ano_2010
Autonomía formal nun entorno sen identidade evidente. Un edificio con aspiracións de sustentabilidade, experimentación e flexibilidade. En sintonía coas máis recentes investigacións formais arquitectónicas.








| < Prev | Próximo > |
|---|


Me gustaría dejar por aquí una referencia a uno de los proyectos de viviendas de Siza que más me gustan y que me descubrieron Iñaki y Cristina hará como seis meses.Ahora que he vuelto de un viaje por Portugal vengo[…]
El arquitecto chino Wang Shu, de 48 años, ha sido galardonado este lunes con el premio Pritzker, considerado el Nobel de la Arquitectura, por una obra artesanal, respetuosa con el medio ambiente y de gran profundidad filosófica, en la que[…]