
“O máis importante que ten que saber un estudiante que sae da escola é qué é e qué non é arquitectura”.
A partires de agora, dende aquí e entre todos comprobaremos que en Galicia existe arquitectura, esa arquitectura da que nos fala Sáenz de Oiza na cita anterior. Demostraremos que dende a periferia, alexados dos puntos máis mediáticos como son as grandes cidades europeas, tamén se fan cousas de interese.
Trataremos obras de galegos e foráneos feitas en Galicia, faremos entrevistas a arquitectos recoñecidos, estaremos en eventos culturais e exposicións, en definitiva, falaremos de ARQUITECTURA.
O obxetivo é chegar á sociedade. A arquitectura moitas veces está lonxe da xente, fisicamente cerca pero conceptualmente moi distante. Como na maioría das situacións, a culpa non é dunha soa parte. Posiblemente os arquitectos temos que escoitar a opinión da sociedade e a sociedade liberarse de prexuízos con respecto as novas formas de tratar a arquitectura. Pero é indubidable que a xente gústalle o que ve, o que coñece, o descoñecido causa desconfianza. Polo tanto, dende o blog e con esta nova formulación, poremos o noso granito de area para axudar á difusión desta arquitectura, co fin de ser coñecida e recoñecida pola sociedade.
De esta maneira, este espacio está feito pensando en xóvenes estudiantes de arquitectura, arquitectos e calquera persoa con certas inquietudes. Así, as obras seleccionadas serán analizadas cunha linguaxe apropiada e accesible, con interese en desvelar a xénese e os puntos clave que lle deron a forma.
Gustaríanos ademais, invitarvos á participación que xerase un debate de opinión ao redor das temas e obras escollidos, críticas positivas e negativas dende a sinceridade e o respeto. Como un estudiante saído da escola que son, espero saber qué é arquitectura e saber transmitila.
Artur Lagoa_Arquitecto.
| < Prev | Próximo > |
|---|


Me gustaría dejar por aquí una referencia a uno de los proyectos de viviendas de Siza que más me gustan y que me descubrieron Iñaki y Cristina hará como seis meses.Ahora que he vuelto de un viaje por Portugal vengo[…]
El arquitecto chino Wang Shu, de 48 años, ha sido galardonado este lunes con el premio Pritzker, considerado el Nobel de la Arquitectura, por una obra artesanal, respetuosa con el medio ambiente y de gran profundidad filosófica, en la que[…]