Blog Arquitectura

La Opinión Coruña
Home Xeral
Xeral

Premio Juana de Vega 2011_fallo do xurado

E-mail Imprimir

Casa en Bergondo_Antonio Pernas [Foto Fundación Juana de Vega]

O xurado do Premio Juana de Vega, nesta ocasión presidido por Jorge Duarte e no que figuran como vocais Gonçalo Byrne e Xosé Manuel Casabella entre outros, fixo público o fallo da edición 2011. O gañador foi Antonio Pernas Varela por unha vivenda unifamiliar en Bergondo, e os accésit foron para Oscar e Iván Andrés Quintela [casa en Sabugueira do Carballal] e para Pablo Menéndez Paz [casa en Poio].
Esta é a oitava edición deste premio, que se ven celebrando dende o 2004 e que premia a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta e rehabilitación, feita en Galicia.
Noraboa ós gañadores e á Fundación Juana de Vega, que con iniciativas como esta axudan a difundir e por en valor unha arquitectura de calidade e galega.

Enlace a páxina oficial. 

 

Estacións do Futuro_Vigo e A Coruña

E-mail Imprimir
 

As dúas cidades galegas máis importantes encóntranse inmersas, neste momento de crise, no proceso de renovación do que significa a porta da cidade para moita xente que acode a elas, as estacións de tren ou intermodais [no caso coruñés]. A chegada da alta velocidade precipita estes cambios, cambios que se aproveitan para converter as antigas estacións en verdadeiros centros de ocio e comercio no corazón das urbes, un bo negocio para sufragar os gastos. Empecemos entón a exposición de como están as cousas en Vigo e A Coruña.

 

Presencia galega e sementes de cambio na XI BEAU

E-mail Imprimir

Fai uns días fíxose público o fallo do xurado da XI Bienal de Arquitectura e Urbanismo Española. Nace en 1990, como iniciativa de múltiples organismos, entre eles O Ministerio de Fomento, o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España e as Universidades de Alcalá e Menéndez Pelayo, para recoñecer aquelas actuacións arquitectónicas de maior interese do panorama arquitectónico español. Dende entón ven celebrándose cada dous anos concedendo os seguintes premios: Premio de Arquitectura da Bienal, Premio de Urbanismo da Bienal, Premio Proxecto Xoven e Premio V.P.O., ademais este ano engadiuse un novo, o Premio de Investigación. Os resultados de cada edición preséntanse en Verán, en Comillas [Cantabria] e en Inverno, en Alcalá de Henares [Madrid]. A maiores, realízase unha exposición itinerante por toda España para mostrar ás obras máis destacadas de cada edición.

 

XIV Premio COAG de Arquitectura

E-mail Imprimir
 
Casa Mercedes [Primeiro Premio Edificio de Nova Planta] Foto Creus+Carrasco

Acaba de saír publicado o resultado do XIV Premio COAG de Arquitectura. Trátase dun Premio que se ven outorgando dende o ano 1987 organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Está disposto por categorías, e cada unha das cales existe un primeiro premio, as veces un ou máis accésit e varios finalistas. Nesta ocasión o xurado estaba composto polo Decano do Colexio D. Celestino García Braña e os arquitectos Emilio Tuñón e LLuis Clotet [como destacados profesionias], Xosé Manuel Casabella [como representante da ETSAC] e Alfredo Díaz Grande [como representante da Comisión de Cultura do COAG]. Xurado que tivo a misión de seleccionar ós premiados entre 169 obras presentadas. Se isto fora un festival de cine, e os arquitectos actores principais, o claro vencedor sería o estudio Creus+Carrasco [Juan Creus e Covadonga Carrasco], que conseguiron o primeiro premio en dúas categorías, a de "espacios abertos públicos" coa remodelación do Porto de Malpica, e a de "edificio de nova planta" coa Casa Mercedes en A Coruña. Por ser esta a categoría con máis participación faremos a continuación un repaso ós máis destacados da mesma, ademáis de mostrar tódolos gañadores.

 

Arquitectura galega nos Premios Mies van der Rohe 2011

E-mail Imprimir

 

 

Foto: Ensamble Estudio , Angel Baltanás, Artur Lagoa

Mies van der Rohe foi un magnífico arquitecto que lle da nome a un premio europeo de gran prestixio, o premio oficial da Unión Europea, gañado en anteriores edicións por  Rafael Moneo, Zaha Hadid, Rem Koolhaas, Mansilla+Tuñón e Snohetta, case nada. Entre os nominados deste ano 2011 encontramos tres obras realizadas en Galicia, dous delas feitas por arquitectos galegos, Carlos Quintáns e Irisarri+Piñera, e a outra por Ensamble Estudio de Antón García Abril. Profesionais que comparten candidatura con outros grandísimos arquitectos como Campo Baeza, Carlos Ferrater ou Patxi Mangado.

 

"Made in Galicia"

E-mail Imprimir

“O máis importante que ten que saber un estudiante que sae da escola é qué é e qué non é arquitectura”.

A partires de agora, dende aquí e entre todos comprobaremos que en Galicia existe arquitectura, esa arquitectura da que nos fala Sáenz de Oiza na cita anterior. Demostraremos que dende a periferia, alexados dos puntos máis mediáticos como son as grandes cidades europeas, tamén se fan cousas de interese.

Trataremos obras de galegos e foráneos feitas en Galicia, faremos entrevistas a arquitectos recoñecidos, estaremos en eventos culturais e exposicións, en definitiva, falaremos de ARQUITECTURA.

O obxetivo é chegar á sociedade. A arquitectura moitas veces está lonxe da xente, fisicamente cerca pero conceptualmente moi distante. Como na maioría das situacións, a culpa non é dunha soa parte. Posiblemente os arquitectos temos que escoitar a opinión da sociedade e a sociedade liberarse de prexuízos con respecto as novas formas de tratar a arquitectura. Pero é indubidable que a xente gústalle o que ve, o que coñece, o descoñecido causa desconfianza. Polo tanto, dende o blog e con esta nova formulación, poremos o noso granito de area para axudar á difusión desta arquitectura, co fin de ser coñecida e recoñecida pola sociedade.

De esta maneira, este espacio está feito pensando en xóvenes estudiantes de arquitectura, arquitectos e calquera persoa con certas inquietudes. Así, as obras seleccionadas serán analizadas cunha linguaxe apropiada e accesible, con interese en desvelar a xénese e os puntos clave que lle deron a forma.

Gustaríanos ademais, invitarvos á participación que xerase un debate de opinión ao redor das temas e obras escollidos, críticas positivas e negativas dende a sinceridade e o respeto. Como un estudiante saído da escola que son, espero saber qué é arquitectura e saber transmitila.

Artur Lagoa_Arquitecto.

 

Búscase blogger-arquitecto galego

E-mail Imprimir

Así é, andamos na pescuda dun arquitecto galego que se queira encargar da xestión integral do contido deste blog. Dada a pouca dispoñibilidade do noso antigo editor, queremos darlle a oportunidade a unha nova persoa de que xestione o contido de este blog dedicado a nosa terra.

¿Qué tería que facer?

Escribir artigos en galego sobre a arquitectura e/ou deseño en Galicia, enfocando o contido do blog hacia onde el prefira. Non é necesario escribir artigos tódolos días, a frecuencia marcarala ti mesm@.

 

¿Qué ofrece Edificando.es?

Ofrecemos todo o soporte informático así como o servidor. Edificando.es é un dos portais web de referencia na arquitectura, asique este blog dispoñerá de un bo número de visita.

 

Se estas interesado non o dudes mais en ponte en contacto con nos en Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Xuristas especializados detectan irregularidades no Plan de Ordenación do Litoral (POL)

E-mail Imprimir

Xuristas especializados en Dereito Urbanístico advirten, nun informe encargado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), da existencia de "irregularidades" no Plan de Ordenación do Litoral (POL) elaborado pola Xunta.
O informe está asinado por Enrique Sánchez Goyanes, doutor en Dereito, especializado en Dereito Urbanístico, presidente do Consello Asesor de Práctica Urbanística e profesor fundador e co-director do Máster de Desenvolvemento Sostible Urbano e Territorial da Universidade de Salamanca; e Ignacio Sanz Jusdado, avogado urbanista e máster en Urbanismo e Ordenación do Territorio, segundo informou o IGEA onte nun comunicado.
Ambos os dous expertos conclúen no seu informe, sinala a nota, que o documento Plan de Ordenación do Litoral que o Goberno autonómico enviou aos concellos "adoece dunha serie de irregularidades que, dende o punto de vista xurídico, o farían contrario a Dereito".
Trámites > Na súa análise, Sánchez Goyanes e Sanz Jusdado sinalan, entre outras cousas, que a Xunta comezou a tramitar este plan sen aprobar previamente unhas directrices de ordenación do territorio, co que "se vulnera o disposto na Lei de Ordenación do Territorio de Galicia".
Destacan, ademais, a "extralimitación" no POL arredor dos contidos e funcións que a Lei de Ordenación do Territorio fixa para este tipo de plans, así como, en opinión dos autores, a "insuficiente" regulación que o texto contén respecto á súa convivencia ou prevalencia cos plans urbanísticos municipais.
Sánchez Goyanes e Sanz Jusdado dubidan ademais de, o feito de que este plan lle furta aos concellos certas potestades sobre autorización de usos e actividades do chan".

 

Proposta do IGEA sobre territorio

E-mail Imprimir

O IGEA publicou recentemente un estudo sobre política do territorio elaborado por un equipo interdisciplinar (composto por Daniel Pino Vicente, Xavier Rivas Barros, Enrique Sánchez Goyanes e Manuel Pérez Rúa) no cal se realiza unha interesante aproximación á problemática da ordenación do territorio. Despois dunha síntese sobre as consecuencias da urbanización demográfica e do desenvolventismo de décadas pasadas, abórdase a necesidade de dar paso a unha ordenación do territorio integrada dentro dun marco de economía sustentable e céntrase a atención na presión exercida sobre o litoral.

 


 

O documento analisa o marco xurídico e as sucesivas tentativas dos gobernos galegos de dotar dunha ordenación o territorio litoral, detense no previsible fracaso do POL que actualmente está a tramitar a Xunta do PPdeG e conclúe cunha serie de propostas para nuclear un consenso político e social sobre a materia.

 

Teresa Táboas alerta dos perigos da barra libre no urbanismo

E-mail Imprimir

A portavoz de Vivenda do BNG no Parlamento Galego, Teresa Táboas, criticou as mudanzas introducidas pola Xunta de Galiza no urbanismo, caracterizada polo incremento de competencias aos concellos, polas modificacións normativas permisivas coa especulación (Lei do Solo, Plano de Ordenación do Litoral, Lei de Protección do Medio Rural) e polo desmantelamento da acción fiscalizadora da APLU.

Novas Relacionadas:
A barra libre urbanística e a APLU
O "modelo" urbanístico de Barreiros
A Lei de (des)protección do medio rural

 




Artículos Edificando.es


Forma parte do blog arquitectura de moda inscribindo o teu blog no directorio de blogs de arquitectura


- directorio arquitectura - ofertas lidl - ofertas carrefour - ofertas alcampo - consultoria informatica ourense - blog arquitectura - ofertas supermercado - animación infantil galicia - Condiciones de Uso www.edificando.es