
Os vindeiros Venres 13 e Sábado 14 teremos a oportunidade de participar nas primeiras Xornadas de Mobilidade e Territorio do Morrazo, que terán lugar no Auditorio Municipal de Cangas. [ enlace á páxina das xornadas ]
Pareceume interesante contextualizar a situación en relación a mobilidade que se vive na comarca de O Morrazo antes do comezo das xornadas, para animar á cidadanía a participar sabendo certas cuestións clave:
O Morrazo é unha terra de grandes singularidades que converte a súas formas de relación e comunicación en algo especiais. Unhas son xerais, compartidas co resto de Galicia, e outras específicas. Estas singularidades non sempre son negativas para a mobilidade, ou polo menos, como no caso do transporte marítimo, poden converterse nun elemento positivo. Principais singularidades:
1_Dispersión da poboación: a humanización do noso territorio é total, as vivendas en Galicia espállanse creando un continuo habitado, sobre todo nas Rías Baixas. As comunicacións nun hábitat tan disperso fanse complexas, xa que para calquera desplazamento é preciso o uso do automóbil. Noutras realidades onde a poboación concéntrase en evidentes núcleos illados esta problemática non existe, xa que de forma peonil poden realizar a maioría de funcións diarias (ir ao mercado, visitar o médico, mercar o periódico, tomar un café...).
2_Condición de península: condición que de algunha maneira independízate ou íllate do resto. Ningunha gran vía de comunicación vehicular ou ferroviaria atravesa O Morrazo , dende a antigüidade arrastra un déficit importante, pensemos que se alguén pisa a comarca é porque intencionadamente quería pisala, nunca estás de paso a outro lugar.
3_Orografía complexa: non encontramos ningunha gran montaña pero si innumerables pequenas elevacións que dificultan e encarecen o trazado de vías “cómodas”. Pensemos no corredor, un pequeno tramo de dous carrís e 15Qm de lonxitude que custou 440 millóns de euros !!
4_Transporte de ría: trátase dun excelente medio que nos une dunha forma rápida e eficaz (no mar non hai atascos) coa urbe máis importante de Galicia. Despreciar esta vía de comunicación sería absurdo.
Atendendo a esta situación e, por suposto á sustentabilidade (tan de actualidade nestes intres), tres arquitectos moañeses afrontan a mobilidade como un problema ao que lle dar unha resposta alternativa e real dende tres puntos de vista distintos. De feito, veñen organizando encontros nos que explican as ideas básicas das súas propostas, independentes pero complementarias. Así, vamos a expoñelas brevemente:
“A costa como vía horizontal”_Juan Fernández Rivas:Planea e aposta por unha vía de comunicación ligada a costa dende Meira ata Aldán. Destaca o feito de que a maior parte do percorrido é horizontal, sen grandes pendentes, ideal para andar e ir en bicicleta. Por suposto o coche estaría excluído nesta proposta de 20Qm de lonxitude dos que a meirande parte xa están realizados. Fala tamén da posibilidade de situar unha estación intermodal nas proximidades de Rodeira ligada coa conexión ao corredor. vídeo
“Transporte colectivo no Morrazo”_Martiño barreiro:Fai un estudio ou simulación interesante de como podería funcionar un “sistema de sistemas” de transporte no Morrazo, englobando varios medios como o autobús (cun sistema GPS que sincronice os semáforos para dar prioridade ao transporte público) e o barco nun único billete. vídeo
“Mobilidade sen coches”_Rodrigo Currás:Aposta claramente polo transporte público colectivo fronte ao uso do coche de forma individual, o barco, o autobús e o tranvía deberían ter máis protagonismo. Fomenta o uso das bicicletas facilitando as subidas de fortes pendentes mediante sistemas mecánicos.
Das tres propostas podemos extraer a columna vertebral e denominador común a todas elas, que a modo de pequeno guión sería o seguinte:
-Aproveitamento das infraestruturas existentes.
-Fomento do transporte público colectivo.
-Uso da bici como medio de transporte individual.
-Non ao uso indiscriminado do coche.
| Próximo > |
|---|


Proyectada para la coexistencia de un estudio con la vivienda unifamiliar. La necesidad de esta doble función hace que la casa tenga una función pública muy marcada en la parte delantera de la casa, y a su vez una función[…]
El futuro símbolo de Nueva York cuenta ya con su réplica en Madrid. No se trata de una maqueta o un inmueble del mismo arquitecto, sino de otro edificio de oficinas, la Torre de Cristal, propiedad de la aseguradora Mutua[…]
Una buena forma de reciclar la chatarra es convirtiéndola en una obra de arte o una mega escultura para la región. Así lo hizo un artista hace ya varias décadas, mucho antes del boom del reciclaje.El “Castillo de Basura” fue[…]