
autor_Irisarri+Piñera
situación_porto de Beluso (Bueu)
ano_2004-2009
A intención de Portos de Galicia é crear un edificio de equipamentos para o porto de Beluso. Isto inclúe, ademais de departamentos para pescadores, un programa maior, onde encontramos cafetería, ximnasio, almacén de embarcacións, vestiarios e sala de usos múltiples. Desta maneira, parece un acerto, xa que supón dotar duns servicios interesantes e necesarios ó porto e á parroquia de Beluso.
A primeira impresión que transmite a obra é a súa indubidable vocación pública. Máis que un edificio é unha continuación de calquera lugar habitado, un asentamento con estrutura de aldea, crecendo entre rúas que nacen para unir dos puntos da forma máis natural. É difícil identificalo como un obxecto único, máis ben é coma unha montaxe de pezas distintas separadas por espacios públicos, as veces camiños, rampla ou escaleiras, unidas por unha cuberta común de intencións topográficas, como se fora un pequeno relevo artificial que trata de substituír unha porción de montaña que se perdeu e que resolve o desnivel.
O edificio non é unha construción ordinaria que cumpre unicamente as funcións ligadas ó uso, senón que insértase coa intención de pertencer ó lugar. A súa maneira de interactuar co entorno e a xente é potentísima, o espacio público incorpórase á arquitectura mesma. É moi interesante ver como os veciños introdúcense dentro do conxunto simplemente para subir dende o porto á parte de arriba, como se usa indirectamente e consegue ser unha parte máis da estrutura orgánica do lugar.
Se nos fixamos, o conxunto crece a medida que o camiño traseiro vai ascendendo, desta maneira non supón unha barreira para as construcións que se sitúan a súas costas.
A nivel construtivo resaltar a sinxeleza con que se resolve todo. Basicamente dous materiais definen esta obra, o formigón, para a estrutura e a cuberta, e a madeira para os cerramentos. En ocasións a estrutura resólvese con pilares metálicos, sobre todo nas plantas superiores, xa que permiten máis esbeltez e as fachadas parecen máis lixeiras.
Formalmente é unha obra de certa complexidade, a cuberta percorre o conxunto gracias a unha xeometría triangulada que adáptase a distintas situacións. As zonas máis repetitivas e funcionais resólvense con espacios ortogonais, véxanse os departamentos, pero o resto do edificio é moi dinámico, onde destacan as formas orgánicas que caracterizan á obra.




































| < Prev | Próximo > |
|---|


Me gustaría dejar por aquí una referencia a uno de los proyectos de viviendas de Siza que más me gustan y que me descubrieron Iñaki y Cristina hará como seis meses.Ahora que he vuelto de un viaje por Portugal vengo[…]
El arquitecto chino Wang Shu, de 48 años, ha sido galardonado este lunes con el premio Pritzker, considerado el Nobel de la Arquitectura, por una obra artesanal, respetuosa con el medio ambiente y de gran profundidad filosófica, en la que[…]