
autor_Irisarri+Piñera
situación_porto de Cangas
ano_2007
coste total_1.200.000 €
premios_
_gañadora Premio FAD "Ciudad y Paisaje" 2008
_gañadora do Premio Ateg de Galvanización en Construcción 2008
_finalista Premios Enor de Arquitectura 2009
_mención de honor Premio Europeo do Espacio Público Urbán 2010
_representante galega no Festival de Arquitectura eme3 2010
_finalista X Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU)
O proxecto xorde en 2003 por iniciativa de Portos de Galicia que promove a construcción de 42 casetas para pescadores no porto de Cangas. Este organismo encárgalle o proxecto o estudio formado por Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera. As obras non dan comezo ata o 2005, e dous anos máis tarde, no 2007, rematan definitivamente.
O proxecto foi conflictivo e difícil dende o mesmo encargo, xa que a construcción dun equipamento deste tipo nese lugar concreto cerraría visualmente ó pobo da boca da ría. Polo tanto a estratexia que adoptou o estudio de Irisarri + Piñera foi intentar conseguir reducir ese impacto facendo ó edificio permeable visualmente, como eles mismos din "trátase de desvelar a paisaxe máis que tapala". Para isto reparten o programa en grupos de 3 e 4 módulos organizados de tal maneira que deixan ocos entre eles e permiten a comunicación visual entre un lado e outro. O mesmo tempo logran obter unha imaxe unitaria ó envolvelo cunha celosía metálica, que sugundo o punto de vista revélase máis ou menos densa. Tanxente á fachada o edificio móstrese unitario e de frente moito máis fragmentado.


Vista frontal onde se revelan os módolos dos que está composta a obra e a permeabilidade visual. Foto A.L.

Por outro lado, decidiron facer unha estructura modular feita en taller e montaxe in situ para non interferir no funcionamento do peirao. Trátase dunha estructura tubular de aceiro revestida exteriormente con planchas de aceiro galvanizado. Esta materialidade consegue recordar a unha estética de contruccións navais e containers típica da industria naval, moi apropiada tendo en conta o contexto e funcionalidade da obra.
Asi mesmo, o máis interesante está na cualidade urbán do edificio. Os arquitectos conseguen ir máis alá do obxeto repercutindo no uso da intervención por parte do pobo. Non só construen unhas casetas para os mariñeiros, senon que chegan a construir un equipamento urbán para disfrutalo todos. O lugar mellorou considerablemente. Son casetas e son paseo, son un mirador e son unha grada para as regatas, son unha escultura e son un parque. O arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota dicía que a xente hai que darlle "liebre por gato", e iso é precisamente o que fan Irisarri+Piñera neste proxecto, moito máis do que se pedía.


Pero como case sempre, non chove a gusto de todos. A pesar de gozar do respeto e admiración do mundo da arquitectura, esta obra coleccionista de premios (de moito prestixio algún deles), non consegue seducir á sociedade de a pé. Algúns argumentan que non son cómodas para o traballo, outros que fan un ruido insoportable cando da o vento e outros que tapan ás vistas. Son factores relevantes que fan entendibles ás críticas, pero no fondo, o que realmente pasa é que o pobo reacciona como un corpo que se crava un pincho e o rexeita. É algo estraño, á xente gústalle o que ve, e esta é unha arquitectura que non se acostuma ver. Posiblemente se en lugar de ser formalmente pura, tivera un bonito tellado a dúas augas, e en lugar de ser metálicas foran de pedra "como dios manda" ninguén diría nada.
En definitiva, creo que se trata dunha obra realmente boa, o referente da arquitectura contemporánea do Morrazo, que como moitas obras de referencia (non só de arquitectura) nun primer momento despertan certo recelo na sociedade.
En cada momento histórico construíase acorde coa mentalidade, tecnoloxía e materiales dese momento, é dicir, de acordo o seu tempo. Nós, no século XXI non podemos seguir facendo a arquitectura de fai cen anos. Espero que dalgunha maneira este artículo sirva para que alguén intente mirar este tipo de arquitectura de outra forma máis contemporánea e sen prexuicios.










A relación entre a celosía metálica e os instrumentos de pesca faise evidente nesta imaxe. Foto A.L.



| < Prev | Próximo > |
|---|


Me gustaría dejar por aquí una referencia a uno de los proyectos de viviendas de Siza que más me gustan y que me descubrieron Iñaki y Cristina hará como seis meses.Ahora que he vuelto de un viaje por Portugal vengo[…]
El arquitecto chino Wang Shu, de 48 años, ha sido galardonado este lunes con el premio Pritzker, considerado el Nobel de la Arquitectura, por una obra artesanal, respetuosa con el medio ambiente y de gran profundidad filosófica, en la que[…]