O gasto millonario no monte Gaiás, criticado por moitos, converterase algún día nun complexo arquitectónico ou cultural que, como mínimo, poderase ver ou tocar. Na Estrada, os políticos locais levan 20 anos con outro empeño de custo millonario pero no que existe certo perigo de que, ao final, non haxa nada nin para cheirar. Trátase do intento de aprobar un plan municipal de urbanismo. No 90, sendo alcaldesa Elvira Fernández, o goberno decidiu elaborar un PXOM que substituíse ás vellas normas subdiarias de urbanismo. Son seis mandatos municipais e, por agora, non hai plan xeral.
O vinte aniversario daquela decisión coincide estes días cun anuncio oficial que cifra en 409.000 o diñeiro que se pagou, ata principios do pasado mes, ao actual equipo redactor do PXOM. Se en tres ou catro meses, como espera o goberno local, aprobásese definitivamente o plan, quizá non haxa que pagar moito mais.
A cantidade xa abonada é máis que respectable, por algo máis dun ano de traballo, pero resulta que ao anterior equipo redactor do PXOM que devolveu a Xunta hai cinco anos pagóuselle unha cifra similar, aínda que algo inferior. Naquela ocasión foron máis de dous anos de traballo.
Son pagos que corresponden a esta década, e aos dous intentos últimos de conseguir o plan, pero nos noventa tívose que pagar outras sumas importantes a firmas especializadas que recibiron o mesmo encargo.
Expertos e políticos relacionados co urbanismo desde 1990 estimaban en días pasados que xa se pagou, desde entón, case 1,5 millóns de euros por ese tipo de traballos. Poden ser uns 240 millóns das antigas pesetas.
Diñeiro da Xunta
O único bo -só desde un punto de vista moi localista- que se pode atopar na historia dos vinte anos de esforzos para conseguir un PXOM é que a maior parte dese diñeiro chegou desde a Xunta, que atendeu sempre, ata agora,??sucesivas??peticións?estradenses para acollerse a convocatorias abertas para que concellos interesados en elaborar un plan de urbanismo solicitasen e conseguisen subvencións.
A Estrada chegou a ter en varias ocasións un PXOM listo para a súa aprobación. Nos noventa perdeuse moito tempo con correccións nos plans que se elaboraban debido a cambios na Lei do Solo. Hai nove anos, Campos desfíxose primeiro dun que estaba practicamente feito, e despois a Xunta impuxo correccións ao presentado hai cinco anos. Agora, o bipartito PSOE-BNG ten outro case listo; e son optimistas. Pero a oposición advirte que inclúe pelotazos, discriminación, favoritismo cos ricos e creación gratuíta de chan urbano consolidado; pero quizá sexa só demagoxia política.
| < Prev | Próximo > |
|---|


Después de entrar en un concurso de la Planificación General para el Instituto de Pedagogía en Jyvaskyla, a finales de mayo de 1951, Alvar Aalto fue inmediatamente el encargado para comenzar a trabajar en los diseños de cada uno de[…]
El Aeropuerto Madrid-Barajas ha sido elegido como el aeropuerto con mejor diseño arquitectónico del mundo por la revista National Geographic Traveler en la edición que selecciona a las mejores instalaciones internacionales aeroportuarias, según ha informado Aena Aeropuertos.En este caso, el[…]
La mayoría del territorio en Canadá se congela en invierno. Las pistas de patinaje de hielo son una atracción que encanta a grandes y chicos.Un grupo de arquitectos con visión de diseño y arte natural, han creado una gran idea[…]