Blog Arquitectura

La Opinión Coruña
Home Pontevedra
Pontevedra

I Xornadas de Mobilidade e Territorio do Morrazo

E-mail Imprimir
 

Os vindeiros Venres 13 e Sábado 14 teremos a oportunidade de participar nas primeiras Xornadas de Mobilidade e Territorio do Morrazo, que terán lugar no Auditorio Municipal de Cangas. [ enlace á páxina das xornadas ]

Pareceume interesante contextualizar a situación en relación a mobilidade que se vive na comarca de O Morrazo antes do comezo das xornadas, para animar á cidadanía a participar sabendo certas cuestións clave:

 

Escola de Baile ChaChaCha_otravueltadetuerca arquitectura

E-mail Imprimir

autor_otravueltadetuerca arquitectura [Olalla Soage Alonso]

situación_rúa Atranco nº 2, baixo. Cangas

ano_2010-2011

premios_premio GranDeArea de aportación á Arquitectura 2010.

Nun contexto económico como o actual, onde escasean ás iniciativas por falta de recursos e as que van adiante non están sobradas, ter boas ideas non basta. Para que un proxecto arquitectónico marque a diferencia debe nacer da combinación dunha gran idea e poucos cartos. Sen dúbida, este é un valor engadido respecto a proxectos de presupostos elevados onde a cuestión económica non é parte do proceso.

A escola de baile Chachachá é un gran exemplo desta situación, unha obra onde os materiais que a construíron teñen máis que ver coa ilusión, ganas e grandes propósitos de dúas xóvenes emprendedoras [a promotora e a arquitecta] que co cemento e o ladrillo.  É moi satisfactorio comprobar como as ideas gañan ó materializarse, como efectivamente dende o exterior ves fragmentos do que pasa dentro sen restar privacidade ós alumnos, e como todo ese "collage" de ocos a distintas alturas e tamaños, fotogramas da película que se está rodando no interior, insinúa movemento, o movemento do baile...

 

Equipamento no porto de Beluso_Irisarri+Piñera

E-mail Imprimir

 

autor_Irisarri+Piñera
situación_porto de Beluso (Bueu)
ano_2004-2009

A intención de Portos de Galicia é crear un edificio de equipamentos para o porto de Beluso. Isto inclúe, ademais de departamentos para pescadores, un programa maior, onde encontramos cafetería, ximnasio, almacén de embarcacións, vestiarios e sala de usos múltiples. Desta maneira, parece un acerto, xa que supón dotar duns servicios interesantes e necesarios ó porto e á parroquia de Beluso.

A primeira impresión que transmite a obra é a súa indubidable vocación pública. Máis que un edificio é unha continuación de calquera lugar habitado, un asentamento con estrutura de aldea, crecendo entre rúas que nacen para unir dos puntos da forma máis natural. É difícil identificalo como un obxecto único, máis ben é coma unha montaxe de pezas distintas separadas por espacios públicos, as veces camiños, rampla ou escaleiras, unidas por unha cuberta común de intencións topográficas, como se fora un pequeno relevo artificial que trata de substituír unha porción de montaña que se perdeu e que resolve o desnivel.

 

Refuxio de A Roiba_Molezún

E-mail Imprimir
 
Foto A.L.
autor_Ramón Vázquez Molezún
situación_praia de Beluso (Bueu)
ano_1967-1969
premios
_seleccionada para a exposición "Los brillantes 50: 35 proyectos". Madrid.

Trátase dunha obra para sí mesmo dun dos maiores talentos da arquitectura moderna española, Ramón Vázquez Molezún (Medalla de Oro de la Arquitectura, 1992). Arquitecto coruñés que disfrutaba de largas tempadas de vacacións en Beluso neste pequeno refuxio. 
 

Departamentos de pescadores en Cangas_Irisarri+Piñera

E-mail Imprimir

 

Foto A.L.

 

autor_Irisarri+Piñera
situación_porto de Cangas
ano_2007
coste total_1.200.000 €
premios_
_gañadora Premio FAD "Ciudad y Paisaje" 2008
_gañadora do Premio Ateg de Galvanización en Construcción 2008
_finalista Premios Enor de Arquitectura 2009
_mención de honor Premio Europeo do Espacio Público Urbán 2010
_representante galega no Festival de Arquitectura eme3 2010
_finalista X Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU)

O proxecto xorde en 2003 por iniciativa de Portos de Galicia que promove a construcción de 42 casetas para pescadores no porto de Cangas. Este organismo encárgalle o proxecto o estudio formado por Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera. As obras non dan comezo ata o 2005, e dous anos máis tarde, no 2007, rematan definitivamente.

 

O PXOM Estradense en 20 anos leva gastado 1,5 millóns de euros

E-mail Imprimir
O gasto millonario no monte Gaiás, criticado por moitos, converterase algún día nun complexo arquitectónico ou cultural que, como mínimo, poderase ver ou tocar. Na Estrada, os políticos locais levan 20 anos con outro empeño de custo millonario pero no que existe certo perigo de que, ao final, non haxa nada nin para cheirar. Trátase do intento de aprobar un plan municipal de urbanismo. No 90, sendo alcaldesa Elvira Fernández, o goberno decidiu elaborar un PXOM que substituíse ás vellas normas subdiarias de urbanismo. Son seis mandatos municipais e, por agora, non hai plan xeral.
 

O vinte aniversario daquela decisión coincide estes días cun anuncio oficial que cifra en 409.000 o diñeiro que se pagou, ata principios do pasado mes, ao actual equipo redactor do PXOM. Se en tres ou catro meses, como espera o goberno local, aprobásese definitivamente o plan, quizá non haxa que pagar moito mais.
 

A conxestión da Ponte de Rande

E-mail Imprimir

Unha media de 60.114 condutores circularon a diario no 2009 no traxecto que une a Ponte de Rande, cuxa capacidade máxima foi calculada para 65.000 vehículos diarios na autoestrada de Vigo a Pontevedra. Foi inaugurado en 1978 e 32 anos despois,  o tráfico supera os 77.000 coches que se dirixen ás praias de Moaña e Cangas. é cuestión de tempo que o viaduto atirantado colápsese con máis de 20 millóns de usuarios ao ano.

Ponte de Rande - Vigo - Pontevedra - Galiza 

Este problema ven dando pequenos avisos con diferentes circunstancias, un pequeno sinistro obriga as forzas do Estado obriga a pechar un carril ainda que só haxa danos materiais e como consecuencia provoca retencions de polo menos de 3 KM

Hai varias alternativas e estudos da Xunta e do Ministerio de Fomento no caixón pero ningún prosperou, polo momento. Outro proxecto que está pendente de adxudicar é a construción dunha autovía paralela gratuíta cuxo trazado bordearía a ensenada de San Simón por Redondela e enlazaría Vilaboa coas aforas do Porriño e a terminal aérea.

Algúns empresarios propuxeron tender unha segunda ponte de varios quilómetros de lonxitude entre o recheo de Bouzas e Cangas. Debería ter suficiente altura para deixar pasar transatlánticos do tipo Queen Mary II . Outros propoñen conectar a punta da Guía e Moaña. A alternativa económica máis estudada consiste na ampliación dun carril a cada lado mediante extensións do firme, sen necesidade de modificar a estrutura. 

 




Artículos Edificando.es


Forma parte do blog arquitectura de moda inscribindo o teu blog no directorio de blogs de arquitectura


- directorio arquitectura - ofertas lidl - ofertas carrefour - ofertas alcampo - consultoria informatica ourense - blog arquitectura - ofertas supermercado - animación infantil galicia - Condiciones de Uso www.edificando.es