Blog Arquitectura

La Opinión Coruña
Home A Coruña Dende a periferia_Periféricos

Dende a periferia_Periféricos

Fai tempo que me gustaría falar sobre a periferia.  A periferia entendida non tanto como unha situación urbana, senón como ese lugar afastado dos polos de atracción de novas tendencias, das grandes cidades que concentran aos grandes estudios e universidades. A periferia e o centro non son a mesma cousa. Posiblemente porque a distancia física acaba por converterse en distancia temporal, situación que permite velo todo con certa perspectiva. A pesar da irrupción bestial de internet que cambiou  radicalmente as comunicacións e o mundo da información, a periferia segue a ser distinta ao centro, non suceden as mesmas cousas ao mesmo tempo. Posiblemente tamén porque en cada lugar teñen prioridades, obxectivos e inquietudes moi distintas marcadas polas realidades vividas. Non pensemos que é peor ou mellor, simplemente distinto, e o máis interesante, complementario.

Un bo exemplo está en Alejandro Aravena ( participante nos V Encontros Internacionais de Arquitectura de Santiago de Compostela). Trátase de un arquitecto comprometido que observa os movementos sociais, económicos e arquitectónicos dende un punto xeográfico afastado de onde se dirixen as cousas, do lugar onde se cociña todo, Norteamérica e Europa fundamentalmente, e cada vez máis Asia Oriental. Esta particularidade provoca que as súas preocupacións sexan outras, ligadas con problemas de vivenda, desigualdades e pobreza. Ademais, Aravena non é alleo as tendencias e estratexias arquitectónicas máis contemporáneas. Foi profesor invitado da Universidade de Harvard  e pertence o xurado do premios Pritzker. Así, vemos como un arquitecto da periferia, cun contacto distinto co mundo, é capaz de trasladar coñecemento ao centro. Posiblemente porque ten un modo de pensar diferente que dificilmente se pode desenrolar noutro contexto.

Evidentemente, dentro de Europa a periferia é outra. Chile e Galicia son realidades moi distintas, pero comparten o feito de estar na periferia, a primeira con respecto ao mundo occidental, e a segunda ás grandes cidades españolas, que se traduce en situacións semellantes na relación cos seus respectivos centros. 

O papel destas periferias paréceme fundamental, para de vez en cando, aportar outro punto de vista das cousas.

Polo tanto, leveime unha grata alegría cando lin “Periféricos” como título da xornada de arquitectura organizada por Enrique Blanco e Patricia Sabín na ETSAC o día 24 de Novembro. Participarán na mesma os arquitectos Féliz Arranz, Arturo Franco, Carlos Labarta e Alberto Veiga, así como tamén o profesor da escola de A Coruña Carlos Quintáns. Descoñezo se o tema vai a ser exactamente este e como vai a ser enfocado, pero seguro que paga a pena.

 

 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar



Artículos Edificando.es


Forma parte do blog arquitectura de moda inscribindo o teu blog no directorio de blogs de arquitectura


- directorio arquitectura - ofertas lidl - ofertas carrefour - ofertas alcampo - consultoria informatica ourense - blog arquitectura - ofertas supermercado - animación infantil galicia - Condiciones de Uso www.edificando.es