Blog Arquitectura

La Opinión Coruña
Home A Coruña A varanda de A Coruña

A varanda de A Coruña

 

 

A varanda do paseo marítimo de A Coruña leva tempo dando que falar. De feito, cada ano a natureza encárgase de recordárnolo, semella que a ela non lle gusta demasiado, fagámoslle caso, a natureza é sabia.

Ademais, a nova proposta está conseguindo facer coincidir as opinións de sociedade e arquitectos, tantas veces dispares. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, tanto por parte da anterior directiva como da nova critican o deseño, e a sociedade representada polos internautas manifesta o seu descontento en diferentes enquisas dixitais como esta: http://comunidades.laopinioncoruna.es/15608/polls/159/?oauth_comprueba=1&hash_user=9148668d1a61b718fe05c42c6ccda091

 A actual varanda do paseo é un auténtico desafío á lóxica, nunha zona onde o mar bate con forza e por simple observación compróbase que cando coincide a pleamar e os días de tormenta as ondas chegan ó paseo, colocar unha varanda como esta é absurdo, xa que debido ó seu deseño onde se superpoñen dúas estruturas alternadas que soportan un inmenso pasamáns ofrece moita resistencia o mar, e por moito que sexa de formigón non hai nada que facer fronte a forza da natureza. O máis axeitado é asumir que o mar debe pasar por unha varanda lixeira, con moito vacío, que opoña pouca resistencia, e así, lóxicamente, evitar que o mar tire con ela. Por outro lado, a idea dun elemento lixeiro tamén parece acertado dende o punto de vista visual, xa que permitiría disfrutar moito máis da paisaxe mentres a xente camiña ou descansa nun banco mirando o mar e ó areal, cousa difícil de facer coa actual, xa que compórtase como un ancho muro opaco.

Desta maneira, parece evidente que o conveniente é unha varanda lixeira que debe aspirar a desaparecer, a estar sen ser vista, a pasar desapercibida. Se cadra o mellor sería que non existise. Pero desgraciadamente ten que haber algo que manteña á xente un pouco alexada do borde, pero dende logo hai mellores opcións que a que propoñen dende o concello,  que acerta na súa lixereza pero en cambio ten un deseño absolutamente retrógrado, ó parecer baseado no da ponte de “General Sanjurjo”, defendido pola súa economía de fabricación que supón un argumento pobre ante o que representa este elemento para a cidade.

Cidades de configuración e emprazamento semellante a A Coruña, presentan alternativas máis acertadas, como Gijón cunha varanda antiga, ou Malpica, cunha proposta máis actual, pero que manteñen puntos básicos en común, a lixereza e a sencillez.

Varanda de Gijón.
Varanda de Malpica.

 Agora, despois das eleccións e tendo en conta os resultados que obrigan a un cambio de goberno local, estaremos atentos ós movementos respecto este tema de actualidade.

 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar



Artículos Edificando.es


Forma parte do blog arquitectura de moda inscribindo o teu blog no directorio de blogs de arquitectura


- directorio arquitectura - ofertas lidl - ofertas carrefour - ofertas alcampo - consultoria informatica ourense - blog arquitectura - ofertas supermercado - animación infantil galicia - Condiciones de Uso www.edificando.es