Blog Arquitectura

La Opinión Coruña
Home A Coruña Cidade da Cultura I_Concurso

Cidade da Cultura I_Concurso

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta convoca en 1999 un concurso internacional de ideas para a realización da Cidade da Cultura de Galicia, un ambicioso proxecto que propón auditorios, teatro, biblioteca, hemeroteca, e distintos museos. Tan ambicioso como demostra, a priori, a calidade da relación de participantes no concurso: os españois Manuel Gallego, César Portela, Navarro Baldeweg e Ricardo Bofill, os americanos Peter Eisenman, Steven Holl e Daniel Libeskind, os franceses Jean Nouvel e Dominique Perrault,  o holandés Rem Koolhaas e os suizos Gigon+Guyer. Nun primer momento tamén participaba Santiago Calatrava, pero finalmente retirouse.
Para o xurado, composto estre outros por Wilfried Wang, Fernández-Galiano, Fernández-Albalat ou Kurt Forster, o mellor proxecto foi o de Eisenman, non exenta esta decisión de polémica entre eles. Algún, como Wang, xa pronosticou naquel momento que o complexo sería un problema para Galicia.
A pesar da relevancia das firmas participantes, é certo que algunhas das propostas resultaron decepcionantes. Aquí as tedes todas para poder formar unha opinión persoal e fundada de cada unha delas.


PETER EISENMAN
Trátase dunha proposta arriscada e complexa en todos os sentidos. A complexidade é anterior ó debuxo, as ideas que lle dan forma son dunha carga teórica tal que é difícil de abarcar. Pero dende logo non é una excepción na obra de Eisenman, xa que a súa arquitectura é unha arquitectura fundamentalmente intelectual. A complexidade formal, estructural e constructiva é absolutamente brutal.
En resumo, xa que en vindeiras fechas faremos un artigo dedicado a este proxecto gañador, o edificio xorde da superposicións de diversas tramas e volumes que se deforman e van tallando o resultado final, misturando relacións históricas, tramas sinexéticas e cunchas de vieira, entre outros moitos conceptos, para crear unha nova topografía artificial.

Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: cartasateo.blogspot.com
Foto: cartasateo.blogspot.com


MANUEL GALLEGO
Arquitectura do respeto e a sensibilidade. Sen aspiracións monumentais, renuncia absoluta á arquitectura espectáculo. Non quere nin por un momento rivalizar coa Catedral e a cidade histórica de Santiago, polo que agacha a súa cabeza detrás da cume do monte Gaiás, asomándose nalgunha ocasión para relacionarse discretamente con elas, por medio dunha pequeña esplanada.

Foto: cartasateo.blogspot.com
Foto: cartasateo.blogspot.com
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20

STEVEN HOLL
Aglutina e a súa vez diferencia formalmente as función do programa nun edificio articulado en varios volúmes pero que forman parte dun conxunto único. A auga é un material fundamental  no proxecto, presente dende calquer punto. Cinco lagos representan ás cinco cidades galegas máis importantes, e unha lámina de auga no plano central enfoca ó casco antigo.

Foto: cartasateo.blogspot.com
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20


 

OMA-REM KOOLHAAS
Un gran edificio-anel rodea o outeiro, en ocasións entérrase, en ocasións elévase, pero sen perdela horizontalidade xa que é a topográfia do terreo a que vai modificando as relación do edificio co exterior. Unhas relacións moi directas coa natureza do interior do círculo, parecidas e cambiantes dende calquer punto do edificio, dende calquera das instituciós que forma o complexo cultural, fuxindo de  xerarquias.

Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
 

 

NAVARRO BALDEWEG
Construccións distintas e dispersas entorno á topografía natural orixinal, que se conserva e funciona como eixo do conxunto. Esforzo por respetar ó máximo os elementos máis característicos do relieve do emplazamento.

Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
JEAN NOUVEL
Contundencia dun prisma lonxitudinal incrustado no terreo. Proxecto con moita forza que aposta por reunir nun só edificio a práctica totalidade  do programa frente a outras propostas que apostan polo fraccionamento ou articulación funcional.
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
 Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20

CÉSAR PORTELA
Unha serie de elementos individuais e autónomos relacionados de alguna maneira entre sí, rodean o monte pola cara Este, coa vocación de crear un “ágora da cidade contemporánea”.

Foto: Revista Future arquitecturas 19-20

RICARDO BOFILL
Composición clásica con estructura radial e moi evidente punto focal onde desembocan catro rúas. No centro da proposta, no punto máis alto do Gaiás, un gran balcón frente a cidade de Santiago. Os edificios son indepedentes dentro dun conxunto. En planta apreciamos unha disposición en espiral e volumétricamente as formas son puras,  en xeral nos remite a etapas pasadas do posmodernismo dos 80.

Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20


GIGON+GUYER
Sinxeleza, non simplicidade, catro edificios contundentes, dispostos como un asentamento básico, atemporal e sumamente elegante. É sorprendente o grao de solemnidade que adquiren sobre o alto do monte uns prismas tan elementais. Entre eles un espacio público suxerido pola arquitectura e aberto á paixase. A materialidade sería pétrea, xogando coas hiladas horizontais e a pesadez dos muros enfatizada con grandes ocos.

Foto: cartasateo.blogspot.com
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20


 

DOMINIQUE PERRAULT
A partir dunha gran fisura no terreo organízase o proxecto. Este corte intruduce luz no interior do edificio, soterrado na súa totalidade. A presencia exterior redúcese ó crecemento en altura da fenda en forma de prisma de vidrio, que invertiría a súa función de captar luz de día para desprendela de noite. Un orixinal sistema de distintos tipos de vidrios colgados no gran prisma dirixe a luz según as necesidades. Arquitectura respetuosa visualmente a costa de certa agresividade co terreo. 

  

Foto: cartasateo.blogspot.com
Foto: cartasateo.blogspot.com
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20


DANIEL LIBESKIND
Observando o plano da proposta encontramos cantidade de elementos salpicados no territorio, coma se tratásese dunha explosión que esparce os fragmentos. Pero a proposta, en lugar de dividir o programa en distintas pezas, unifica as función nun só edificio de carácter vertical, cunha fachada vexetal moi característica e con claras intencións ecolóxicas. Concentra o programa para despexar superficie de terreo e deixala libre para tratar en ocasións como xardíns horizontais e distintos espacios públicos.

Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
 Foto: Revista Future arquitecturas 19-20
Foto: cartasateo.blogspot.com
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar



Artículos Edificando.es


Forma parte do blog arquitectura de moda inscribindo o teu blog no directorio de blogs de arquitectura


- directorio arquitectura - ofertas lidl - ofertas carrefour - ofertas alcampo - consultoria informatica ourense - blog arquitectura - ofertas supermercado - animación infantil galicia - Condiciones de Uso www.edificando.es