Blog Arquitectura

La Opinión Coruña
Home A Coruña O Pleno da Corporación decidirá se se presenta o recurso contra a Orde da Xunta que non aproba o PXOM de Teo.

O Pleno da Corporación decidirá se se presenta o recurso contra a Orde da Xunta que non aproba o PXOM de Teo.

O pleno da corporación terá que decidir sobre a presentación do recurso contra a orde do 27 de xaneiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras que non outorga a aprobación ao PXOM de Teo. Este punto debaterase na sesión ordinaria do mes de febreiro, que se celebrará o próximo mércores 24.

Os partidos con representación na corporación decidirán se o recurso se presenta ou non por ser competencia deste órgano. A aprobación provisional do Plan Xeral é competencia do pleno polo que esta decisión tamén debe ser adoptada por este órgano.

 

O alcalde de Teo, Martiño Noriega, confía nos partidos da corporación e “animo  aos concelleiros/as a que non pechen ningunha vía de defensa dos intereses xerais do Concello de Teo”. O alcalde xa explicou durante a Comisión de seguimento do Plan Xeral, celebrada o pasado 9 de febreiro, que o grupo de goberno traballaba en dúas vías para solucionar a problemática derivada da non aprobación do Plan Xeral de Teo por parte da Xunta de Galicia. 

Por un lado o equipo redactor traballa na cumplimentación da orde do 27 de xaneiro de cara a unha aprobación definitiva. Sen embargo a asesoría xurídica tamén redactou un recurso de reposición, un documento xurídico técnico que terá que resolver a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Este documento, sobre o que ten que decidir o pleno a semana que vén, solicita unha aprobación parcial do Plan Xeral tendo en conta que as deficiencias sinaladas pola administración autonómica só afectan a áreas determinadas e concretas que permitirían desenvolver o planeamento do Concello con coherencia, como recolle o artigo 85.5.a da LOUG no que se fala da aprobación do planeamento urbanístico dos Concellos.

 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar



Artículos Edificando.es


Forma parte do blog arquitectura de moda inscribindo o teu blog no directorio de blogs de arquitectura


- directorio arquitectura - ofertas lidl - ofertas carrefour - ofertas alcampo - consultoria informatica ourense - blog arquitectura - ofertas supermercado - animación infantil galicia - Condiciones de Uso www.edificando.es