Blog Arquitectura

La Opinión Coruña
Home A Coruña A Concellalía de Deportes presenta o proxecto da candidatura da Coruña ao Mundial 2018-2022 coa construción do Estadio como obra singular e de referencia

A Concellalía de Deportes presenta o proxecto da candidatura da Coruña ao Mundial 2018-2022 coa construción do Estadio como obra singular e de referencia

O PROXECTO SUPORÍA UNHA REMODELACIÓN URBANÍSTICA APOSTANDO POLA MELLORA DA CALIDADE DE VIDA  NA ZONA A TODOS OS NIVEIS

O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello e o Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, presentaron esta tarde o proxecto da candidatura da Coruña ao Mundial de Fútbol 2018-2022 que terá á construción do estadio como obra singular e de referencia e que suporá unha remodelación urbanística apostando pola mellora da calidade de vida a todos os niveis na zona.

O Primeiro Tenente de Alcalde destacou en primeiro lugar o intenso traballo realizado en colaboración das distintas concellarías xa que un proxecto como o que hoxe se presenta implica unha aposta decidida e forte das distintas áreas do Goberno Municipal para dotar á Coruña dunhas instalacións e un proxecto que permitirá dar un salto cualitativo de saír elixida sede do Mundial.
O Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, foi o encargado de explicar polo miúdo as características do proxecto e coincidiu en sinalar a necesidade de contar cun forte apoio social e político para concorrer como cidade candidata a un evento das dimensións do Mundial de fútbol.

Deste xeito o Mundial servirá como vehículo dinamizador para a dotación dun Estadio novo e dunhas instalacións propias dunha cidade moderna e vangardista o que conleva a construción dun novo estadio que satisfaga non só as necesidades deportivas de toda a cidadanía senón que tamén permita o uso das instalacións para outro tipo de eventos de relevancia apostando pola multifuncionalidade do novo espazo e a mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Unha remodelación a todos os niveis


O proxecto inclúe dous sotos e tres plantas en superficie. O soto –2 estaría dedicado integramente a aparcadoiro cun área de estacionamento de 47.000 metros cadrados e capacidade para 1.800 vehículos. Deste xeito cúmprese cunha das primeiras exixencias da Fifa.

No soto –1 sería onde atoparíamos unha vía soterrada con tres glorietas que absorbería o tráfico de Manuel Murguía quedando a rúa liberada do tráfico dos vehículos o que melloraría dun xeito moi importante a calidade de vida na zona e dotaría á cidade dun novo espazo para os cidadáns. Neste soto estarían ademais os accesos directos a vestiarios para os autocares e outros vehículos  como os servizos sanitarios. Incluiría tamén unha zona dedicada a equipamento deportivo.

Na planta baixa atoparíanse as novas polideportivas ademais de pistas de adestramento para as distintas modalidades deportivas e vestiarios. Nesta planta atoparíanse tamén un espazo de 7.000 metros cadrados de aproveitamento comercial, ademais dos palcos e aparcamentos Vip cumprindo así con outra das exixencias da Fifa.

A Grada 1 contaría co espazo para equipamento deportivo, primeira planta das polideportivas e un área terciaria- hoteleira abrindo a posibilidade de entrada de investimento privado. Nesta planta inclúese unha grada con capacidade para 23.000 espectadores.

A Grada 2 con capacidade para 17.000 espectadores, inclúe tres torres dúas das que serían destinada a equipamento deportivo e unha terceira para aproveitamento terciario con 400 metros cadrados de planta. Na Grada 3 a capacidade é de 5.000 espectadores.

O custe total do proxecto situaríase en torno aos 170 millóns de euros polo que o Concelleiro de Deportes subliñou a necesidade de contar coa colaboración das distintas administracións estudando ademais as diferentes fórmulas de financiamento na que podería contemplarse a entrada de capital privado.

Un proxecto co que se unen esforzos cun só fin, que A Coruña sexa elixida sede do Mundial.
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar



Artículos Edificando.es


Forma parte do blog arquitectura de moda inscribindo o teu blog no directorio de blogs de arquitectura


- directorio arquitectura - ofertas lidl - ofertas carrefour - ofertas alcampo - consultoria informatica ourense - blog arquitectura - ofertas supermercado - animación infantil galicia - Condiciones de Uso www.edificando.es