Lunes, 21 de Noviembre de 2011 12:30
A Coruña

Fai tempo que me gustaría falar sobre a periferia. A periferia entendida non tanto como unha situación urbana, senón como ese lugar afastado dos polos de atracción de novas tendencias, das grandes cidades que concentran aos grandes estudios e universidades. A periferia e o centro non son a mesma cousa. Posiblemente porque a distancia física acaba por converterse en distancia temporal, situación que permite velo todo con certa perspectiva. A pesar da irrupción bestial de internet que cambiou radicalmente as comunicacións e o mundo da información, a periferia segue a ser distinta ao centro, non suceden as mesmas cousas ao mesmo tempo. Posiblemente tamén porque en cada lugar teñen prioridades, obxectivos e inquietudes moi distintas marcadas polas realidades vividas. Non pensemos que é peor ou mellor, simplemente distinto, e o máis interesante, complementario.
Lunes, 14 de Noviembre de 2011 12:37
A Coruña
Dende o pasado 5 de Novembro, e ata o 7 de Xaneiro, o arquitecto Roi Alonso expón a súa obra "Fragmentos" no 14!club (c/ San Vicente de Paúl 2, Montealto, A Coruña ). No seguinte enlace poderedes saber algo máis...http://www.roialonso.com/
Martes, 02 de Agosto de 2011 16:58
A Coruña
Acceso dende o aparcamento. De todo o complexo da Cidade da Cultura, a día de hoxe soamente están abertos dous edificios, o Arquivo [ A ] e a Biblioteca [ B ]. Outros dous [ E,D ] están en pé pero todavía en obras, e finalmente o Centro da Música [ C ] e o Centro de Arte [ F ] están todavía nos cimentos. Nas seguintes imaxes veremos como é o estado actual das obras e como quedaron os edificios xa rematados. Comezamos por ver as fotografías dos exteriores:
Miércoles, 25 de Mayo de 2011 23:03
A Coruña
A varanda do paseo marítimo de A Coruña leva tempo dando que falar. De feito, cada ano a natureza encárgase de recordárnolo, semella que a ela non lle gusta demasiado, fagámoslle caso, a natureza é sabia. Ademais, a nova proposta está conseguindo facer coincidir as opinións de sociedade e arquitectos, tantas veces dispares. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, tanto por parte da anterior directiva como da nova critican o deseño, e a sociedade representada polos internautas manifesta o seu descontento en diferentes enquisas dixitais como esta: http://comunidades.laopinioncoruna.es/15608/polls/159/?oauth_comprueba=1&hash_user=9148668d1a61b718fe05c42c6ccda091
Jueves, 12 de Mayo de 2011 15:14
A Coruña
O xurado encargado de elexir o proxecto gañador do concurso para a construcción da Intermodal de A Coruña acaba de anunciar o seu veredicto: o gañador é o proxecto da candidatura do arquitecto Cesar Portela e a empresa de enxeñería Idom Internacional. Dende logo este resultado non lle vai a sorprender a moita xente do mundo da arquitectura. Portela é un fixo das grandes e recentes obras a nivel galego, fagamos memoria... o novo Auditorio de Vigo, o Museo do Mar, a ampliación do aeroporto de Peinador, o Palacio de Congresos de A Coruña... e un largo etcétera son obras del. Ainda que non pareza, en Galicia hai máis e excelentes arquitectos. Por último gustaríame reivindicar o feito de que en este tipo de xurados houbera unha representación maior do ámbito da arquitectura, xa que nesta ocasión foi bastante minoritaria.
Sábado, 12 de Marzo de 2011 01:30
A Coruña
 A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta convoca en 1999 un concurso internacional de ideas para a realización da Cidade da Cultura de Galicia, un ambicioso proxecto que propón auditorios, teatro, biblioteca, hemeroteca, e distintos museos. Tan ambicioso como demostra, a priori, a calidade da relación de participantes no concurso: os españois Manuel Gallego, César Portela, Navarro Baldeweg e Ricardo Bofill, os americanos Peter Eisenman, Steven Holl e Daniel Libeskind, os franceses Jean Nouvel e Dominique Perrault, o holandés Rem Koolhaas e os suizos Gigon+Guyer. Nun primer momento tamén participaba Santiago Calatrava, pero finalmente retirouse. Para o xurado, composto estre outros por Wilfried Wang, Fernández-Galiano, Fernández-Albalat ou Kurt Forster, o mellor proxecto foi o de Eisenman, non exenta esta decisión de polémica entre eles. Algún, como Wang, xa pronosticou naquel momento que o complexo sería un problema para Galicia. A pesar da relevancia das firmas participantes, é certo que algunhas das propostas resultaron decepcionantes. Aquí as tedes todas para poder formar unha opinión persoal e fundada de cada unha delas.
Martes, 08 de Marzo de 2011 01:59
A Coruña

A partires do 23 de Marzo ata o 26, terán lugar unhas interesantes xornadas de urbanismo na ETSAC, onde ademáis de poder asistir a conferencias poderemos participar de maneira práctica nos obradoiros, talleres de traballo que terán como eixo fundamental o ámbito da ría de Arousa. Para máis información: cidadessubxacentes.blogspot.com
Lunes, 05 de Abril de 2010 00:00
A Coruña
Colectivos ecoloxistas manifestaron onte a súa oposición ao proxecto da mina de andalucita que a empresa Picobello Andalucita S.L. pretende abrir no concello das Pontes. Estas organizacións consideran que o «proxecto afectaría moi negativamente á cantidade e á calidade dás augas bombeadas de río Belelle na estación de captación» na Capela. Ademais subliñan que a explotación mineira tería un forte impacto no parque natural das Fragas do Eume e subliñan que o informe positivo que esta iniciativa recibiu recentemente por parte da Xunta de Galicia aplica «ou principio do rodete administrativo para favorecer interésesvos privados dos promotores»
Jueves, 25 de Marzo de 2010 09:39
A Coruña
Os 250.000 habitantes que ten censados a cidade e os outros tantos que cada día entran e saen con destino a municipios limítrofes como Cambre, Culleredo, Oleiros ou Arteixo son unha carga demográfica excesivamente grande para Alfonso Molina. A situación de punto final da Coruña é outra das causas dos constantes problemas de tráfico da avenida, que debe absorber os vehículos procedentes de polígonos industriais como a Grela e Pocomaco, os procedentes dos campus universitarios da Zapateira e Elviña, os dos barrios de nova creación como Mesoiro, ou a conexión coa autoestrada AP-9 que, ademais dos coches que se dirixen cara ao sur de Galicia, tamén recibe no seu tramo final aqueles que transitaron pola autovía A-6, unha das grandes conexións viarias de Galicia co resto de España.
A apertura da terceira rolda -en construción- preséntase como unha das grandes esperanzas para desconxestionar Alfonso Molina, xa que a nova vía aliviaría o tráfico de diferentes partes da cidade. A infraestrutura preséntase como imprescindible para desaloxar vehículos dunha avenida que nos últimos meses agravou a súa situación coa apertura dun centro comercial e a construción de centos de novas vivendas nas súas marxes. Os seus tres carrís por sentido de circulación -aos que hai que sumar aqueles que facilitan a incorporación a outras vías- non dan máis de si: ao redor de 160.000 coches en días laborables saturan a principal arteria da cidade.
Martes, 23 de Marzo de 2010 00:00
A Coruña
O PROXECTO SUPORÍA UNHA REMODELACIÓN URBANÍSTICA APOSTANDO POLA MELLORA DA CALIDADE DE VIDA NA ZONA A TODOS OS NIVEISO Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello e o Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, presentaron esta tarde o proxecto da candidatura da Coruña ao Mundial de Fútbol 2018-2022 que terá á construción do estadio como obra singular e de referencia e que suporá unha remodelación urbanística apostando pola mellora da calidade de vida a todos os niveis na zona.
O Primeiro Tenente de Alcalde destacou en primeiro lugar o intenso traballo realizado en colaboración das distintas concellarías xa que un proxecto como o que hoxe se presenta implica unha aposta decidida e forte das distintas áreas do Goberno Municipal para dotar á Coruña dunhas instalacións e un proxecto que permitirá dar un salto cualitativo de saír elixida sede do Mundial.
|
|